segunda-feira, 11 de maio de 2020



                 Un libro que sube a moral

A RAG NON ADMITE PALABRAS DO CASTELÁN QUE SI, EN CAMBIO, ADMITE PLENAMENTE O PORTUGUÉS.
FERNANDO VENÂNCIO https://pt.wikipedia.org/wiki/Fernando_Ven%C3%A2ncio AFIRMA QUE OS PORTUGUESES, ATÉ O 1400, FALABAN GALEGO.

En Assim nasceu uma língua o lingüista portugués Fernando Venâncio sitúa as orixes do portugués na lingua galega.

[Manuel Veiga Taboada, Xornalista  e escritor.Doutor en Ciencias Políticas e SocioloxíaEditorial / Barcelona / 02.01.2020 (...)].

Os  momentos  de  ascenso  do  rein-tegracionismo       coinciden       cos       momentos  de  crise  do  nacionalis-mo. A perda de autoridade política trae con-sigo tanto divisións orgánicas, como diver-sificación temática. Das divisións orgánicas fálase  moito,  en  cambio  da  insistencia  nas  preocupacións  sectoriais  fálase  moito  me-nos. Pero non é menos importante. Unha desas preocupacións sectoriais que reverdece en cada crise é a do reintegracio-nismo. Sucedeu despois do intento de golpe de 1981 e da subseguinte crise política e vol-veu suceder despois da derrota do bipartito. O reintegracionismo acude a encher o espa-zo que queda baleiro.Pero,  polos  seus  propios  obxectivos,  o  reintegracionismo  expresa  algo  máis  im-portante: o pesimismo. A perda de forza do soberanismo  trae  consigo  unha  perda  de  confianza nas posibilidades do noso idioma e así medra o reintegracionismo como valor refuxio. É unha maneira de poñer en prácti-ca aquel dito irónico de  "menos  mal  que  nos queda Portugal". O complexo de in-ferioridade  respecto  do castelán que saíra pola porta, grazas a acción   do   naciona-lismo,  regresa  a  nós  pola  ventá,  neste  caso  baixo a capa do portugués. O reintegracionismo reflicte, como nin-gún  outro  movemento  interno  do  naciona-lismo, o tradicional autoodio. Falemos por-tugués, ou algo que se lle asemelle, para non ser  da  aldea.  Velaí  o  tan  famoso  concepto,  provinte  do  centro  da  península,  de  fala  arcaica  e  campesiña,  de  novo  en  acción.  O  galego, de non ser lusista, sería un dialecto. E nesas estabamos, cando chega á nosa man o libro do lingüista portugués Fernando Venâncio  que  leva  por  título  Assim  nasceu  uma língua no que estuda, de forma ben do-cumentada e amena, as orixes do portugués.O que resulta, segundo Fernando Venân-cio, é que os portugueses, até o 1400, un par de séculos despois da súa independencia, fa-laban galego. Non galego-portugués senón galego. Non é unha tese nova, pero si é bas-tante novo lérllela a un experto lingüista do país  veciño  e  sobre  todo  dito  de  forma  tan  clara e pedagóxica. Máis importante aínda tendo  en  conta  que  recoñecer  que  a  lingua  xa  existía,  plenamente  conformada,  antes  de haber propiamente portugueses, non é algo que guste por alí.Fernando Venâncio cóntanos tamén o que sucedeu  a  partir  do  1400.  Foi  unha  caste-lanización intensa da lingua falada ao noso sur, consecuencia da admiración que Caste-la xeraba nas elites portuguesas, admiración que  conviviu  ben  en  harmonía  coa  inde-pendencia do país. Non é de estrañar, pois Castela foi converténdose entre os séculos XV  e  XVII  no  impe-rio  máis  importante  de  Occidente.  Como  Fernando   Venâncio   sinala,  Toledo  era daquela a referencia, como  máis  tarde  o  foi París.O   moderno   e   o   internacional  viñan  de  Castela,  igual  que  viñan  as  obras  lite-rarias máis importantes, os monxes predi-cadores ou os cantares. A través tanto da poesía como dos confesionarios, os portu-gueses estaban familiarizados co castelán. Nada ten de estraño que fosen adoptando como  propias  as  súas  palabras.  Por  cada  lusismo   no   castelán,   hai   oitenta   caste-lanismos no portugués. Ese movemento lento, pero intenso, hoxe cuantificábel incluso con datas, viña apoia-do  ademais  no  afán  de  distanciarse  da  lin-guaxe  norteña,  cualificada  polas  elites  de Lisboa de arcaizante e ruda. Iso cambia, a partir aproximadamente do 1700, cando a influencia sobre o portugués comeza a chegar maiormente de Francia. Fernando Venâncio encárgase de resaltar que, nese período evolutivo do portugués, o galego,  en  cambio,  que  era  xa  unha  lingua  perfectamente  madura,  conservou  as  súas  formas propias até tempos moito máis se-rodios, basicamente até 1850, cando se im-planta o ensino en castelán. Aínda  hoxe,  lembra  Venâncio  en  varias  ocasións,  a  RAG  non  admite  palabras  do  castelán  que  si,  en  cambio,  admite  plena-mente o portugués. E os exemplos que nos ofrece son numerosísimos. Ninguén poderá dicir que o lingüista portugués se agarra ao anecdótico ou a unha descontextualización dos datos.O de Fernando Venâncio é, sen dúbida, un libro que sube a moral.

(Nós Diario, 3 de xaneiro 2020)

Nenhum comentário:

Postar um comentário