O texto abaixo, escrito no idioma galego https://an.wikipedia.org/wiki/Idioma_gallego
foi por mim recebido do jesuíta
padre Manuel Cabada de Castro, de quem fui colega entre 1956 e 1959 durante o
curso de filosofia escolástica na pontifícia universidade de Comillas
(Santander, Espanha) — https://es.wikipedia.org/wiki/Universidad_Pontificia_Comillas atualmente situada em
Madrid. https://es.wikipedia.org/wiki/Universidad_Pontificia_Comillas
Foto da universsidade quando era no pueblo Comillas https://www.google.com/search?sxsrf=ALeKk02eUWo49EBJRphnJA3CvA0cW6-SOg:1609171986810&source=univ&tbm=isch&q=Foto+da+universsidade+era+no+pueblo+Comillas&sa=X&ved=2ahUKEwiCyJ_liPHtAhV5LLkGHeZHCScQjJkEegQIAxAB&biw=1366&bih=625
Padre Manuel Cabada Castro— https://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Cabada_Castro
*-*-*
Aberto
só para pobres
“Mirade: a Virxe está encinta e dará a luz un fillo, e poñeralle
por nome Deus-con-nosco”.
Deus-con-nosco: Non é un grito de guerra, non
é un grito de nada: é un nome, é descrición, narración, noticia, é evanxeo.
De que Deus se fala?; con quen
está ese Deus?
Os poderosos saben que o seu
Deus, o poder, está con eles. Os fabricantes de pobres saben que o seu Deus, o
diñeiro, está con eles. Os donos de vidas humanas e recursos económicos saben
que o seu Deus, a arrogancia do poder e do diñeiro, está con eles...
Pregúntome para quen son
boa noticia esa Virxe e ese parto dos que fala o profeta.
Nin ela nin o seu parto son evanxeo
para políticos que se din cristiáns e negan aos humillados da terra o dereito a
saír da súa humillación. Nin ela nin o seu parto son boa noticia para
eclesiásticos que en homes, mulleres e nenos que foxen da escravitude, apenas
conseguen ver nada se non é unha ameaza para o propio mundo de rutinas, de
poder, de privilexios. Nin ela nin o seu parto representan nada para un mundo
que se esqueceu de coidar Cristo onde Cristo sofre, un mundo que non recibe Cristo
nos que teñen fame, nos que teñen sede, nos que teñen frío, nos que carecen dun
teito que os acubille, nos que morren de soidade. Nin ela nin o seu parto son
para os que comungamos finxindo acoller a Cristo na eucaristía e facéndolle
noxos no diferente, desprezándoo no clandestino, afogándoo no emigrante,
devolvéndoo ao inferno apenas puxo pé a este lado das nosas fronteiras.
As igrexas enchéronse de afoga
Cristos que finxen comungar con el.
A Virxe e o seu parto deixan un
Deus pobre entre pobres, revelan un Deus abandonado entre abandonados, asómbrannos
coa visión dun Deus emigrante entre emigrantes.
A Virxe e o seu parto deixan a
Deus onde ninguén o esperou, talvez onde ninguén o quixo, e onde só os pobres o
poden acoller e recoñecer.
A Virxe e o seu parto son boa
noticia para pobres, e só para pobres.
Quedarémonos sen boa noticia -sen evanxeo- bispos, curas, frades e monxas,
poderosos e conformistas, que nos servimos dos pobres e do Pobre para manter a
posición, supostos cristiáns que xustificamos o horror que os pobres padecen,
facéndoos culpables dos males que padecen, e pensamos que, despois de todo,
foron os pobres os que buscaron a morte, ata pensamos que foron tan parvos que,
para morrer, pagaron o que non tiñan.
Todos corremos o risco de
quedarnos sen Nadal, aínda que as nosas mesas se enchan de cousas superfluas
nas que gastamos o que os pobres necesitan para pan.
“Mirade:
a Virxe está encinta e dará a luz un fillo, e poñeralle por nome Deus-con-nosco”:
Deus cos pequenos, Deus cos humildes, Deus cos eivados, Deus cos que nada
teñen, poida que nin sequera fe en Deus. Deus cos bebés perdidos no mar; Deus
coas mulleres que nunca chegarán a outro porto ca ao da prostitución, da trata,
das escravas sexuais; Deus cos desafiuzados, cos mutilados, cos maltratados,
cos asfixiados polo poder económico, polo poder político, polo poder...
Só para os pobres hai Nadal.
Só para eles é este evanxeo: “Mirade: a
Virxe está encinta e dará a luz un fillo, e poñeralle por nome Deus-con-nosco”.
¡Só para pobres!
+ Fr. Santiago Agrelo
Arcebispo emérito de Tánxer
*-
Nenhum comentário:
Postar um comentário